dividir
1.- seleccionamos a forma (por exemplo, a estrela)
2.- situamos o cubo oco na parte que queremos dividir
2.1.- asegurámonos que o cubo oco ocupa toda a metade da estrela
3.- a continuación selecionamos a estrela e duplicámola e seleccionamos o cubo oco e duplicámolo tamén.
4.- seleccionamos o cubo oco duplicado e movémolo ata que cubra tamén a parte dereita da estrela
5.- facemos zoom ata chegar ao interior da estrela e selecionámola facendo clic nela, e pulsando a tecla "maiúsculas" seleccionamos tamén o cubo oco dese mesmo lado e agrupámolos.
6.- agrupamos esas 2 seleccións
7.- movemos esa metade e comprobamos que foi correctamente creada
8.- facemos zoom na parte esquerda, seleccionamos a estrela, pulsamos "maiúsculas" e seleccionamos o cubo oco da parte esquerda, agrupamos as 2 seleccións, conseguindo así a outra metade da estrela